Lines Matching full:nais
86 <string name="font_size_preview_text_body" msgid="1250552239682375643">"Ao principio, aínda cos ollos protexidos polas lentes verdes, Dorothy e os seus amigos quedaron cegados polo brillo daquela marabillosa cidade. As rúas estaban formadas por preciosas casas construídas con mármore verde e todo estaba salpicado de relucentes esmeraldas. Pasearon por un camiño de mármore verde cuxas placas se unían con fileiras de esmeraldas, colocadas moi xuntas e que relucían baixo a luz do sol. As ventás tiñan cristal verde e ata o ceo e os raios do sol tiraban a verde. \n\nHabía moitos homes, mulleres e nenos paseando e todos tiñan a pel verdosa e vestían roupa verde. Miraban con asombro a Dorothy e os seus estraños acompañantes, e os nenos corrían a esconderse detrás das súas nais cando vían o león, pero ninguén lles dirixía a palabra. Había tamén moitas tendas e Dorothy observou que todo o que había nelas era verde. Vendían caramelos e flocos de millo verdes, así como zapatos, chapeus e todo tipo de roupa da mesma cor. Nunha delas, un home vendía limoada verde e Dorothy puido comprobar que os nenos pagaban con moedas verdes. \n\nNon parecía que naquel lugar houbese cabalos nin animais de ningún tipo, pois os homes transportábano todo tirando de pequenos carros desta cor. Todos parecían felices, satisfeitos e afortunados."</string>